Espinacas con noces e mazá
Información nutricional:
Kcal: 255
Proteínas: 21,4%
Hidratos de carbono: 30,8%
Lípidos: 47,8%
Ingredientes
- 150 g espinacas
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 60 g mazá Golden
- 15 g noces peladas
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- noz moscada
- pementa branca
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Limpar e cocer as espinacas de forma tradicional. Escorrer e reservar. Preparar unha bechamel: quentar o aceite, engadir a fariña e remover, engadir o leite quente e deixar que ferva desfacendo posibles grumos. Engadir as noces e a mazá troceada en dados deixando cocer uns instantes. Engadir as espinacas. Mesturar ben e servir.
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.