Espinacas con champiñóns e xamón á crema
Información nutricional:
Kcal: 232,3
Proteínas: 26%
Hidratos de carbono: 21,1%
Lípidos: 52,9%
Ingredientes
- 150 g espinacas
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 20 g xamón serrano
- 25 g champiñóns laminados
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- noz moscada
- pementa branca
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Separadamente, preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ao gusto. Agregar os taquiños de xamón e os champiñóns deixando cocer todo xunto uns minutos máis.
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.