As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Espinacas ao gratén

Espinacas ao gratén

Información nutricional:

Kcal: 227,7
Proteínas: 28,6%
Hidratos de carbono: 20,1%
Lípidos: 51,3%

Ingredientes

  • 150 g espinacas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 20 g xamón cocido
  • 6 g fariña
  • 5 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Separadamente, preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir os taquiños de xamón e as espinacas deixando cocer todo xunto uns minutos máis. Estender nunha fonte de forno, cubrir con queixo e gratinar lixeiramente.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.