Espinacas á crema con gambas
Información nutricional:
Kcal: 213,7
Proteínas: 43,8%
Hidratos de carbono: 22,4%
Lípidos: 33,7%
Ingredientes
- 150 g espinacas
- 1/2 vaso (100 mL) leite
- 50 g gambas
- 6 g fariña
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- noz moscada
- pementa branca
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer as espinacas en auga con sal. Escorrer e reservar. Nunha tixola con aceite refogar as gambas. Para facer a bechamel quentar aceite nun cazo e engadir fariña, remover e engadir o leite. Remover ata que espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ó gusto. Engadir as gambas e as espinacas, deixando cocer un minuto máis.
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.