As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Espinacas á crema con cabaza

Espinacas á crema con cabaza

Información nutricional:

Kcal: 155,6
Proteínas: 28,7%
Hidratos de carbono: 39,9%
Lípidos: 31,4%

Ingredientes

  • 150 g espinacas
  • 100 mL leite desnatado
  • 6 g fariña
  • 70 g cabaza
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • noz moscada
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar a cabaza en dados e refogar nunha tixola cun pouco de aceite, sen que se cociñe do todo. Poñer a punto de sal e reservar. Limpar a fondo as espinacas, quitar o talo e cocer en auga con sal uns 15 minutos (5 minutos en pota a presión). Sacar unha vez cocidas, escorrer ben e reservar. Facer unha salsa bechamel con leite, fariña, noz moscada e pementa branca. Mesturar todo e servir.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.

Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente ca o vexetal. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.