As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Espaguetis con mexillóns

Espaguetis con mexillóns

Información nutricional:

Kcal: 256,3
Proteínas: 27,1%
Hidratos de carbono: 49,2%
Lípidos: 23,7%

Ingredientes

  • 80 g espaguetti
  • 50 g mexillón
  • 50 mL caldo peixe
  • 30 g cebola
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Ferver a pasta o tempo que indique o fabricante, escorrer e refrescar. Nunha pota, rustrir no aceite o allo picado e a cebola, engadir a fariña e o caldo. Mesturar cos mexillóns sen concha e salsear a pasta.

Vantaxes:
A este prato hai que engadirlle as principais características da pasta, que son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas.
O mexillón aporta proteínas de boa calidade, contén pouca cantidade de lípidos, polo que o seu valor calórico non é moi elevado. Destaca o seu contido en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.