Espaguetis con atún
Información nutricional:
Kcal: 357,4
Proteínas: 18,4%
Hidratos de carbono: 29,9%
Lípidos: 52,7%
Ingredientes
- 70 g pasta (espaguetti)
- 50 g atún en conserva
- 100 g salsa tomate
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementa branca
- ourego
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, mesturar o atún escorrido coa salsa de tomate. Mesturar coa pasta e quentar. Dar o punto de sal e pementa. Cubrir con ourego.
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.