Escalopíns de tenreira con verduras
Información nutricional:
Kcal: 374,5
Proteínas: 19,5%
Hidratos de carbono: 9,3%
Lípidos: 71,3%
Ingredientes
- 120 g tenreira tapa
- 50 mL viño branco
- 40 g espárrago verde
- 40 g champiñóns laminados
- 35 g cebola
- 20 g pemento verde
- 15 g tomate cherry
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Facer os escalopíns á prancha cunha pizca de sal. Picar as verduras en tiras, lavar os espárragos e retirar a parte dura. Nunha tixola con aceite, refogar a cebola e o pemento durante uns minutos, incorporar o champiñón e os espárragos, refogar e a continuación agregar o viño branco, deixar cocer durante 8-10 minutos.
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.