As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Escalopíns de tenreira á pementa

Escalopíns de tenreira á pementa

Información nutricional:

Kcal: 462,4
Proteínas: 31,8%
Hidratos de carbono: 20%
Lípidos: 48,2%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 75 mL caldo carne
  • 50 g arroz
  • 30 g champiñóns
  • 20 mL nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Facer escalopíns de 50g moi finos, salpementar e marcar na prancha volta e volta. Facer a salsa: refogar os champiñóns laminados no aceite con allo picado. Engadir o caldo de carne e deixar reducir á metade. Incorporar a nata e a pementa. Deixar cocer uns minutos e dar o toque de sal. Presentar os escalopíns cubertos con salsa e arroz ó forno de gornición.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.