As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Escalope de porco en salsa de mazá

Escalope de porco en salsa de mazá

Información nutricional:

Kcal: 570,1
Proteínas: 32,2%
Hidratos de carbono: 24,4%
Lípidos: 43,4%

Ingredientes

  • 150 g filetes porco
  • 1 vaso (200mL) caldo carne
  • 50 g puré pataca
  • 50 g mazá
  • 50 g cebola
  • 50 mL viño branco
  • 15 g uvas pasas
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ourego
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar os escalopes, salpementar e pasar por fariña. Dar un toque de fritura e colocar en placa de forno. Separadamente facer a salsa refogando allo, cebola, mazá pelada, un pouco de fariña, viño branco e caldo de carne. Deixar cocer e triturar por turmix. Engadir as pasas dar o punto de sal e ourego. Verter sobre os escalopes. Meter no forno 20 minutos a 180ºC e servir quentes acompañados de puré de pataca.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.