As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Entrecote de tenreira con tomate asado

Entrecote de tenreira con tomate asado

Información nutricional:

Kcal: 423,5
Proteínas: 29,0%
Hidratos de carbono: 18,0%
Lípidos: 53,0%

Ingredientes

  • 150 g entrecote tenreira
  • 100 g tomate
  • 50 g arroz
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar os tomates á metade, quitarlles as sementes, salar un pouco e deixar escorrer. Introducilos no forno a 170 º C durante 10 minutos. Picar o allo en brounoisse e engadilo enriba dos tomates e asar todo o conxunto cun chorriño de aceite de oliva por enriba a 170 ºc durante 10 minutos. Cociñar o entrecote á prancha cun pouco de aceite de oliva, volta e volta; engadindo o sal cando xa estean cociñados. Servir os filetes de tenreira co tomate asado, acompañado de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.