As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Entrecote de tenreira con pementos bañados

Entrecote de tenreira con pementos bañados

Información nutricional:

Kcal: 323,4
Proteínas: 36,9%
Hidratos de carbono: 16%
Lípidos: 47,1%

Ingredientes

  • 150 g entrecot de tenreira
  • 1 (100 g) pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o pemento en tiras e saltealo coa cebola e o allo nunha tixola con aceite. Adubar o entrecot e facelo á prancha. Servir todo xunto.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.