As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ensalada tropical

Ensalada tropical

Información nutricional:

Kcal: 316,9
Proteínas: 18,1%
Hidratos de carbono: 9,9%
Lípidos: 72%

Ingredientes

  • 50 g piña
  • 50 g gambas
  • 30 g maionesa
  • 25 g pauciños cangrexo
  • 10 g ketchup
  • tabasco
  • salsa perríns
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as gambas, cortar os palitos en dados. Limpar a piña e cortar en dados. Preparar unha salsa rosa: mahonesa, ketchup, tabasco, perrins e engadímoslle as gambas frías, os palitos e a piña mesturando ben para que se impregne de salsa. Emplatar sobre unha base de lechuga cortada e decorada con ovo cocido picado mesturado con perejil.

Vantaxes:
A piña contén un elevado contido de auga e destaca o seu aporte en hidratos de carbono e bromelaína, enzima que facilita a dixestión de proteínas, polo que é un alimento que facilita a dixestión. Ademais destaca o seu contido en potasio, iodo e vitamina C. Grazas ó aporte desta vitamina a piña contribúe a reducir o risco de múltiples enfermidades, entre elas as cardiovasculares, as dexenerativas e mesmo o cancro.