Ensalada escalibada con alcachofas
Información nutricional:
Kcal: 258,5
Proteínas: 9,1%
Hidratos de carbono: 11,3%
Lípidos: 79,6%
Ingredientes
- 50 g tomate
- 50 g berenxena
- 50 g cabaciño
- 50 g alcachofas lata
- 40 g pemento vermello
- 40 g pemento verde
- 30 g cebola
- 10 g olivas negras
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- 5 mL vinagre módena
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Asar no forno os pementos, tomate, berenxena, cabaciño, cebola e allo. Retirar por orde de cociñado e pelar o que proceda. Cortar en tiras e mesturar coas alcachofas e olivas negras condimentando con aceite, vinagre e sal. Servir a temperatura ambiente ou morna.
Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esterois, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.
Ademais, a combinación de pemento verde e vermello, tomate, cebola, berenxena, cabaciño e allo aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.