Ensalada de patacas e mexillóns
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 0.5 g Aceite de oliva
- 40 g Cebola
- 60 g Ovo
- 1 g Loureiro
- 100 g Leituga
- 35 g Mexillón
- 60 g Pataca
- 1 g Perexil
- 0.5 g Sal
- 0.5 g Vinagre
Instruccións
Colocamos nunha fonte a leituga, as patacas cocidas con loureiro e os mexillóns cocidos de igual modo, e enchemos cunha salsa de cebola, ovo, perexil, aceite e vinagre.
As patacas son ricas en hidratos de carbono e en fibra. Esta última fai que sexan adecuadas para persoas que seguen dietas de adelgazamento. Ademais o seu contido en calorías é baixo. Son unha boa fonte de vitamina C, ferro e magnesio pero pobres en potasio e sodio o que as fai axeitadas para persoas con hipertensión. O mexillón contén proteínas de boa calidade. Ademais, o seu nivel de graxas e calorías é baixo. Destaca, tamén, o iodo na súa composición. A leituga posúe fibra á ensalada pero con pouco sodio polo que é boa para persoas hipertensas. Tamén ten funcións antioxidantes pola presenza da vitamina C, E e o betacaroteno.