Ensalada de pataca
Información nutricional:
Kcal: 290
Proteínas: 13,3%
Hidratos de carbono: 37,9%
Lípidos: 48,8%
Ingredientes
- 1 (100g) pataca
- 30 g feixóns verdes
- 30 g cenoria
- 30 g lagostino
- 30 g maionesa
- 10 g pemento verde
- 10 g pemento piquillo
- 10 g cebola
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Trocear a pataca, o feixón verde e a cenoria en cubos e ferver segundo orde de dureza. Separadamente, ferver os lagostinos. Picar a cebola e os pementos o máis fino posible. Nun bol mesturar todos os ingredientes en frío e homoxeneizar coa maionesa.
Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.
Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.