As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ensalada de lentellas con feixóns verdes

Ensalada de lentellas con feixóns verdes

Información nutricional:

Kcal: 255,5
Proteínas: 23,8%
Hidratos de carbono: 56,8%
Lípidos: 19,4%

Ingredientes

  • 60 g lentellas
  • 45 g feixón verde
  • 20 g cenoria
  • 20 g cebola
  • 5 mL vinagre Xerez
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Facer un rustrido coa cebola picada, unha vez pochada engadir a cenoria e refogar ata que estea branda. Poñer as lentellas a cocer en auga fría con sal. Unha vez cocidas, refrescar e escorrer, cubrir co rustrido. Cocer os feixóns verdes. Refrescar, escorrer e reservar. Mesturar todo e aliñar con sal, aceite de oliva e vinagre de Xerez.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.