As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ensalada de lentellas

Ensalada de lentellas

Información nutricional:

Kcal: 386,6
Proteínas: 23,3%
Hidratos de carbono: 44,7%
Lípidos: 32,0%

Ingredientes

  • 80 g lentellas
  • 30 g ovo
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 10 g tomate cherry
  • 10 g cebola
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer as lentellas e refrescar. Xa en frio mesturar co resto de ingredientes picados excepto o tomate cherry, que se engade cortado á metade ou enteiro. Aliñar ao gusto.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.