As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ensalada de garavanzos con pementos do piquillo

Ensalada de garavanzos con pementos do piquillo

Información nutricional:

Kcal: 349.4
Proteínas: 16,5%
Hidratos de carbono: 49,4%
Lípidos: 34,1%

Ingredientes

  • 70 g garavanzos
  • 70 g pemento piquillo
  • 40 g cebola
  • vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer os garavanzos, escorrer e reservar. Mesturar os garavanzos nunha ensaladera coa cebola cortada en xuliana e os pementos do piquillo cortados en tiras. Aliñar con sal, aceite de oliva e vinagre.

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.