As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ensalada de ave

Ensalada de ave

Información nutricional:

Kcal: 298,5
Proteínas: 18,4%
Hidratos de carbono: 16,6%
Lípidos: 65%

Ingredientes

  • 60 g polo
  • 25 g maionesa
  • 10 g ketchup
  • 1/2 (80 g) mazá
  • sal ao gusto
  • salsa tabasco
  • salsa perríns
  • 1 mL zume limón
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Cocer a peituga de ave ó vapor. Pelar a mazá e untar con limón (para que non se oxide). Peparar a salsa rosa con maionesa, ketchup, unhas gotas de tabasco e salsa perrins. Cortar a mazá e a peituga (unha vez fría) en dados. Mesturar coa salsa rosa. Recoméndase servir sobre leituga cortada en tiras e decorar con ovo cocido mesturado con perexil picado.

Vantaxes:
Este prato presenta todas as vantaxes do consumo de carne de ave e de mazá. É boa fonte de proteínas; presenta baixo contido en graxas, predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, B1 e B2, ou ácido fólico, vitamina C e E; azucres como a fructosa; e minerais como potasio, ferro e fósforo.

Inconvenientes:
Debe controlarse o consumo de maionesa, debido ó seu alto contido en graxas.