As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ensalada de arroz á vinagreta

Ensalada de arroz á vinagreta

Información nutricional:

Kcal: 279,1
Proteínas: 11,8%
Hidratos de carbono: 33,5%
Lípidos: 54,7%

Ingredientes

  • 60 g arroz
  • 20 g ovo cocido
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g millo
  • 20 g chícharos
  • 10 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 15 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • vinagre
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer o arroz en auga abundante con sal durante 20 minutos, e deixar enfriar. Cocer os chícharos. Separadamente, cortar en dados o resto dos ingredientes, excepto o millo. Mesturar as verduras e o ovo e engadir a vinagreta. Xuntar co arroz e mesturar. Pódese servir morna ou fría.

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.