As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ensalada alemana

Ensalada alemana

Información nutricional:

Kcal: 351,6
Proteínas: 9,6%
Hidratos de carbono: 25,8%
Lípidos: 64,5%

Ingredientes

  • 1 (100g) pataca
  • 50 g salchicha
  • 20 g maionesa
  • 15 g cebola
  • 5 g cogombro pequeno
  • 2 g ceboliño

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Cocer a pataca enteira con pel. Unha vez cocida pelala. Deixar enfriar e mesturar co resto de ingredientes. Picar a cebola moi fina e o cogombro en rebandas ó igual que a salchicha. Cubrir con perexil picado.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable ó seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Inconvenientes:
Debe controlarse o consumo de maionesa e salchichas polo seu alto contido en graxas.