Empanada de xoubas
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 25 g Cebola
- 55 g Fariña
- 15 g Ovo
- 7 g Fermento
- 25 g Pemento vermello
- 1 g Sal
- 50 g Xouba
Instruccións
Recheo: prepárase o recheo da empanada facendo un guiso en aceite cos pementos, coa cebola cortados en xuliana e coas xoubas cortadas. Masa: prepárase co aceite sobrante de guisar o recheo (100 cc), co fermento de panadaría, 125 cc de leite morno, 125 cc de auga morna, 350 g de fariña e sal. Trabállase a masa coas varas ata que se despegue da cunca que se estea a usar e despois, manualmente, durante 10 min. Déixase repousar, media hora, e estírase en dúas partes co rolo. Colócase a metade da masa sobre unha fonte de forno engraxada. Pícase a masa cun garfo e esténdese sobre ela o recheo. Cóbrese coa outra metade da masa, que tamén se pica cun garfo e se lle fai un burato no medio, a xeito de cheminea. Sélanse as dúas partes, adórnase con restos da masa e enfórnase durante media hora a 180 ºC.
É moi habitual atopar ao longo de toda Galicia multitude de pratos onde estas pequenas sardiñas son as protagonistas. Trátase dun peixe azul que contén ácidos graxos omega 3 que reducen os niveis de colesterol. Presentan un alto contido en auga. A sardiña é tamén unha boa fonte de nutrientes, especialmente de vitaminas A, D e calcio. A dixestión e a utilización metabólica é moi boa. Está desaconsellada para persoas que padezan gota polo seu contido en purinas.