As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Empanada de mexillóns e espinacas

Empanada de mexillóns e espinacas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 50 g Espinaca
  • 55 g Fariña
  • 16 g Ovo
  • 15 g Leite desnatado
  • 7 g Fermento
  • 40 g Mexillón
  • 1 g Pemento doce
  • 25 g Pemento vermello
  • 3 g Sal
  • 20 g Salsa de tomate

Instruccións

Metemos as espinacas en auga fervendo durante 30 s e despois pasámolas a unha cazola con auga fría. Retirámolas e eliminámoslles a auga. Cocemos os mexillóns e retirámoslles as valvas. Douramos nunha tixola con aceite ben quente as cebolas e, unha vez douradas, engadímoslles as espinacas en anacos e a auga da cocción dos mexillóns. Deixamos ferver ata que perdan parte da auga e engadímoslles os mexillóns. Deixamos que repouse todo unhas horas. Despois, introducimos na masa da empanada. Para facer a masa botamos nunha cunca sen asas a fariña. Deixamos un oco no que engadimos a auga morna, o sal, o fermento e o aceite reservado do recheo. Amásase ben todo ata que se despegue das mans. Deixamos repousar un anaco para que colla volume e volvemos amasar. Enchemos a masa e metemos no forno de 35 a 45 min de 180 ºC a 200 ºC.

As empanadas de peixe son máis habituais na Galicia costeira. A empanada de mexillóns é típica nas Rías Baixas galegas. O mexillón posúe proteínas e un baixo contido graxo polo que o seu valor de calorías non é elevado. Os seus ácidos graxos son omega 3 polo que ten propiedades cardiosaudables. Contén minerais como o iodo, o calcio, o fósforo, o magnesio. É unha das fontes máis importantes de ferro. As espinacas teñen fibra e presentan cantidades elevadas de provitamina A e de vitaminas C e E, todas elas con efecto antioxidante. Tamén é unha importante fonte de iodo e fósforo.