As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Empanada de bonito

Empanada de bonito

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 50 g Bonito
  • 25 g Cebola
  • 55 g Fariña
  • 15 g Ovo
  • 7 g Fermento
  • 25 g Pemento vermello
  • 1 g Sal

Instruccións

Douramos en aceite o bonito cortado en cachos (se se trata de bonito en conserva engadímolo á hora de encher a empanada unha vez feita a masa), a cebola e os pementos picados en xuliana. Para elaborar a masa mesturamos o fermento, a auga morna, a fariña, o sal, o leite morno e o aceite no que douramos o recheo. Amasamos ben ata que se desprenda con facilidade das mans. Introdúcese o recheo na masa e métese ao forno 30 min a 180 ºC.

Esta é unha das empanadas máis elaboradas, coñecidas e consumidas de Galicia. O contido de calorías desta empanada é elevado polo que se debe consumir con moderación por persoas que seguen dietas de adelgazamento. O bonito destaca pola alta cantidade de proteínas que contén, polo que é adecuado o seu consumo durante a infancia, a adolescencia e o embarazo. Nestas etapas é necesaria unha proporción maior deste nutriente. O alto contido de vitamina B3 do bonito fai que sexa un alimento beneficioso para o sistema circulatorio e, ademais, pode axudar a reducir o colesterol. O bonito, pola súa elevada cantidade de vitamina E, ten propiedades antioxidantes.