As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Crema Parmentier (porro e pataca)

Crema Parmentier (porro e pataca)

Información nutricional:

Kcal: 210,2
Proteínas: 11,3%
Hidratos de carbono: 45,3%
Lípidos: 43,4%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 1 pequena (75g) pataca
  • 50 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • ceboliño

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar en aceite o porro e a pataca en láminas sen que colla cor. Engadir o leite e a auga, deixando cocer 15 min. Triturar e pasar por coador chino. Dar punto de sal e cubrir con ceboliño.

Vantaxes:
Recoméndase o consumo de porro polo seu alto contido en sales minerais (potasio, fósforo e calcio). Ademais é aconsellable cando se padece de reuma e anemia, e é un gran axente depurativo para o sangue. O leite presenta numerosas vantaxes como o gran aporte en vitaminas A, C, e do grupo B, minerais como ferro, calcio, e proteínas.