Crema fría de algas con ameixas
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 90 g Alga
- 15 g Ameixa
- 20 g Nata
- 60 g Pataca
- 1.5 g Pementa negra
- 0.5 g Sal
Instruccións
Cortamos as algas (Nori verde, preferiblemente) en varios anacos e as patacas en dous. Poñemos nunha cazola auga con sal, as hortalizas, medio limón e quéntase ata ebulición, momento no que se baixa o lume e déixase cocer, lentamente, durante media hora aproximadamente. Unha vez feito, sácaselle o limón e déixase arrefriar. Pasamos a verdura polo triturador e mesturamos coa auga da cocción, acadando unha mestura lixeira. Engadimos a nata e unhas ameixas vivas e poñemos a mestura ao lume só ata que as ameixas se abran, salpementamos e deixamos arrefriar para servir.
Na elaboración desta crema utilízase a alga Nori que favorece a diminución do colesterol e de metais pesados no sangue. Ten contidos moi altos en proteínas, ferro, potasio, magnesio, calcio, provitamina A, vitaminas B e iodo. As ameixas teñen poucas calorías ao prato. Debido ao seu contido en ferro recoméndase para persoas que padecen anemia ou que practican actividades físicas intensas. Proporcionan proteínas de elevado valor biolóxico e presentan unha cantidade considerable de potasio que favorece a eliminación de líquidos. Así é adecuado para persoas hipertensas.