As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Crema Esaú (lentellas)

Crema Esaú (lentellas)

Información nutricional:

Kcal: 282,5
Proteínas: 20,7%
Hidratos de carbono: 52,8%
Lípidos: 26,5%

Ingredientes

  • 50 g lentellas
  • 1 vaso (200mL) auga
  • 20 g cebola
  • 20 g cenoria
  • 25 g porro
  • 25 g pataca
  • 1 dente (3g) allo
  • 50 mL leite desnatado
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Introducir en auga fría todos os ingrdientes (excepto o allo, o pementón, o aceite e o leite), e cocer lentamente. Cando estean cocidas dar o punto de sal e engadir un rustrido de allo en aceite co pementón. Triturar por túrmix e chinés. Alixerar co leite se estivesen moi espesas.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero os legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal. Por outra parte, aínda que o chourizo presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o seu consumo polo seu alto contido enerxético e graxo.