As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Crema de verduras

Crema de verduras

Información nutricional:

Kcal: 202
Proteínas: 17%
Hidratos de carbono: 37,8%
Lípidos: 45,3%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 50 g espinacas
  • 30 g cenoria
  • 30 g porro
  • 30 g cabaciño
  • 30 g pataca
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar no aceite de oliva o branco do porro, a cenoria e a pataca; todo cortado en dados. Engadir a auga e o leite. Cando comece a ferver engadir o cabaciño con pel e as espinacas. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Dar o punto de sal.

Vantaxes:
A combinación de porro, cabaciño, cenoria, pataca e espinacas aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.