As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Crema de espinacas

Crema de espinacas

Información nutricional:

Kcal: 206,5
Proteínas: 22%
Hidratos de carbono: 40,8%
Lípidos: 37,2%

Ingredientes

  • 120 g espinacas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 60 g pataca
  • 40 g porro
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Refogar en aceite o porro cortado en anacos, sen que tome cor, engadir a pataca en láminas e mollar con auga e leite. Cando comece a ferver, engadir as espinacas e deixar cocer coa pota destapada. Pasar por túrmix e chinés. Dar o toque de sal.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.

Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente que o presente nos vexetais. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.