As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Crema de espárragos verdes con cogomelos de Coresma

Crema de espárragos verdes con cogomelos de Coresma

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Caldo de polo
  • 40 g Espárrago verde
  • 3 g Manteiga
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal
  • 40 g Cogomelo

Instruccións

Estes cogomelos son dos poucos que se deben de lavar, xa que adoitan ter areas. Poñemos, ao lume, unha tarteira con auga, cando ferva botamos os espárragos e deixámolos facer durante uns 8 min. Tras estes minutos retíranse, rapidamente, e métense nun cazo con auga moi fría. Unha vez fríos, tritúranse e pásanse polo triturador. Engádeselle ao puré caldo de polo caseiro, sal e pementa e ponse a cocer. Á parte, nunha tixola, fritimos en manteiga os cogomelos ata que estean algo torradiños. Mestúrase coa crema e sérvese.

Tanto os espárragos como os cogomelos posúen poucas calorías xa que o seu contido en graxas é baixo. Os espárragos son diuréticos, é dicir, favorecen a eliminación de líquidos, polo que son moi apropiados para persoas que sofren retención de líquidos e hipertensión. Ademais, son ricos en vitamina C e fibra. Os cogomelos, pola súa parte, conteñen potasio que tamén favorece a eliminación de líquidos, así como moito fósforo, que axuda a activar as actividades mentais. Conteñen cantidades interesantes de ferro, cobre e cinc.