Crema de espárragos verdes con berberechos
Información nutricional:
Kcal: 183,3
Proteínas: 30,6%
Hidratos de carbono: 40,2%
Lípidos: 29,2%
Ingredientes
- 100 g espárrago verde
- 1/2 vaso (150 mL) auga
- 100 mL leite desnatado
- 50 g berberecho con cuncha
- 50 g porro
- 40 g pataca
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Refogar en aceite o porro e engadir os espárragos pelados da metade cara abaixo. Engadir a pataca en láminas e seguir refogando sen que tome cor. Incorporar o leite e auga (pódese usar auga dos berberechos) e deixar cocer 15 min. Triturar e pasar por chinés. Engadir os berberechos abertos, poñer a punto de sal.
Vantaxes:
Os espárragos presentan un baixo aporte calórico, debido ao seu gran contido en auga. Son ricos en minerais e vitamina C. Conteñen unha substancia chamada ácido asparxínico capaz de estimular a produción de orina, propiedade recomendable en persoas con trastornos renais ou de vexiga. Os espárragos actúan estimulando as funcións intestinais debido ao seu elevado contido en celulosa, esta propiedade é beneficiosa para aquelas persoas que padecen de estrinximento.
Inconvenientes:
O consumo de espárragos non é aconsellable en persoas con niveis elevados de ácido úrico en sangue ou gota, debido ao seu contido en purinas, que o propio organismo transforma en ácido úrico.