Crema de acelgas
Información nutricional:
Kcal: 205,6
Proteínas: 16,4%
Hidratos de carbono: 38,9%
Lípidos: 44,8%
Ingredientes
- 100 g acelgas
- 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
- 1/2 vaso (120 mL) auga
- 50 g porro
- 20 g pataca
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Refogar no aceite de oliva o branco de porro e a pataca todo cortado en dados. Engadir o auga e o leite. Cando comece a ferver engadir as acelgas. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Dar o punto de sal.
Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.