As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Costelas guisadas

Costelas guisadas

Información nutricional:

Kcal: 447,6
Proteínas: 20,3%
Hidratos de carbono: 26,2%
Lípidos: 53,6%

Ingredientes

  • 150 g costela de porco
  • 100 g puré pataca
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cenoria
  • 25 g cebola
  • 25 mL caldo carne
  • 20 g salsa tomate
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes (ósos de 5 cm de longo max). Salpementar. Dourar nunha pota cun pouco de aceite. Engadirlle as verduras troceadas e a salsa de tomate. Cubrir con caldo de carne e deixar cocer ata que este tenra a costela. Acompañar de chícharos cocidos engadidos ao final na salsa e un puré de pataca.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo, excepto o calcio. Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.