As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Costela de xabaril á grella

Costela de xabaril á grella

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 3 g Allo
  • 160 g Xabaril
  • 10 g Manteiga
  • 1 g Ourego
  • 90 g Pataca
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Deixar macerar, media mañá, a costela refregada cun adobo previamente preparado con allo, ourego e manteiga de porco derretida mesturada con pementa e sal. Asar lentamente o conxunto procurando que se doure sen que chegue a secarse en exceso. Se así fose, volver a adobar as veces que fosen necesarias. Este prato tamén se pode servir con patacas asadas.

A carne de xabaril é magra, de cor vermella escura e, ademais, é nutritiva. Ten un elevado número de proteínas de alto valor biolóxico pero carece de hidratos de carbono e de fibra. É máis proteica e menos graxa que a carne de porco. Contén cantidades considerables de colesterol, como o resto dos animais de caza que teñen pelo. Por iso débese consumir con moderación por aquelas persoas que sofren obesidade ou enfermidades cardiovasculares. Contén case todas as vitaminas, entre as que destacan as vitaminas do grupo B e, en especial, a niacina ou vitamina B3, a vitamina B12 e o folato ou vitamina B9. Estas vitaminas posúen accións antianémicas, reguladoras do metabolismo e con acción protectora cardiovascular.