As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Congro con fideos

Congro con fideos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 0.5 g Azafrán
  • 50 g Cebola
  • 100 g Congro
  • 45 g Fideo
  • 40 g Chícharo
  • 0.5 g Pemento doce
  • 30 g Pemento verde
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Tomate pelado

Instruccións

Fervemos 15 min nunha cazola, preferiblemente de barro, a mestura torada de cebola e pemento verde, engadimos a esta mestura o aceite, o azafrán, o pemento, os chícharos e un vaso de auga. Pasado ese tempo, botamos os fideos á mestura. Un cuarto de hora despois engadimos os toros de congro e os tomates previamente preparados. Tras 10 min, o prato estará listo para servir.

A carne de congro considérase de excelente calidade e moi firme. O congro é un peixe azul, semigraxo, ten 3 g de graxa por cada 100 g de porción comestible. Ao ser un peixe azul contén ácidos graxos omega 3 que se consideran como esenciais en calquera dieta equilibrada para persoas con colesterol alto porque proporcionan beneficios moi importantes para previr enfermidades cardiovasculares. Destaca o seu contido en vitamina A, fundamental para os tecidos corporais. Tamén é relevante o seu contido en vitamina B2 que é fundamental para a produción de enerxía no organismo e para manter unha boa visión.