Coliflor en salsa verde
Información nutricional:
Kcal: 254,2
Proteínas: 42,5%
Hidratos de carbono: 18,4%
Lípidos: 39,1%
Ingredientes
- 150 g coliflor
- 50 g bacallau
- 60 mL caldo peixe
- 25 g chícharos
- 1 dente (5g) allo
- 25 g cebola
- 5 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Cocer a coliflor. Mentres, pregarar unha salsa verde: pochar a cebola e o allo, ligar coa fariña, mollar co caldo de peixe. Remover a salsa para evitar que queden grumos, deixar ferver e introducir o bacallau troceado. Por último agregar os chícharos xa cocidos e mesturar todo.
Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, o cal é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas como o cancro.