As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Coliflor con piquillos

Coliflor con piquillos

Información nutricional:

Kcal: 186,9
Proteínas: 12,9%
Hidratos de carbono: 15,3%
Lípidos: 71,7%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 75 g pementos do piquillo
  • 15 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a coliflor en auga fervendo con sal e reservar. A parte quentar o aceite, engadir o allo picado ata que se doure, engadir o xamón en dados, e os pementos en tiras, refogando uns minutos. Retirar do lume e verter sobre a coliflor e servir quente.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, polo que é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro. Este prato vai acompañado dun par de culleradas de aceite de oliva rico en ácido monoinsaturado (oleico), excelente fronte á prevención de enfermidades cardiovasculares.