As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Coliflor á galega

Coliflor á galega

Información nutricional:

Kcal: 192
Proteínas: 19,2%
Hidratos de carbono: 9,0%
Lípidos: 71,8%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 50 g ovo cocido
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • perexil
  • loureiro
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a coliflor en auga fervendo con sal e reservar.Preparar unha allada: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, retirar do lume e engadir o pemento doce procurando que non se queime.Deixar repousar e coar. Cocer o ovo 10 minutos. Presentar a coliflor e o ovo en cuartos napados coa allada.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, polo que é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro. Este prato vai acompañado dun par de culleradas de aceite de oliva rico en ácido monoinsaturado (oleico), excelente fronte á prevención de enfermidades cardiovasculares.