As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Coliflor á galega

Coliflor á galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 210 g Coliflor
  • 60 g Ovo

Instruccións

Cocer a coliflor en auga fervendo con sal e reservar. Preparar unha allada quentando o aceite para fritir o allo ata que este doure e, engadir unha vez temperado, o pemento doce. Deixamos repousar. Cocemos un ovo para servir xunto coa coliflor.

O coliflor contén moi poucas calorías, xa que apenas ten graxas e tamén presenta unha pequena cantidade de hidratos de carbono. A elevada proporción de potasio que contén fai que favoreza a eliminación de líquidos o que unido ás súas escasas calorías fai que sexa perfecta para incluír nunha dieta de adelgazamento. O ovo cocido que acompaña á coliflor é rico en proteínas doadamente dixeribles e o seu contido en calorías é relativamente baixo. A xema concentra as vitaminas liposolubles (A, D e E), os carotenoides (antioxidantes) e a colina que é un nutriente esencial para o funcionamento cardiovascular e cerebral. A clara ten case un 90% de auga e proteínas, entre as que destaca sobre todo a ovoalbúmina.