As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Cogomelos ao viño

Cogomelos ao viño

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 3 g Caldo de verdura
  • 40 g Cebola
  • 3 g Manteiga
  • 1 g Perexil
  • 0.20000000298023224 g Pementa negra
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 125 g Cogomelo
  • 25 g Viño branco

Instruccións

Limpar os cogomelos e cortalos en tiras, non moi finas. Dóuranse lixeiramente nunha tixola coa manteiga. Engádeselles a cebola cortada en láminas moi finas, o viño, o caldiño e a pementa. Cocíñanse a lume medio uns 10 min. Corríxense de sal. Colócanse Nunha fonte prequentada e sérvense co perexil picado por encima.

Hoxe en día é moi habitual atopar cogomelos como prato principal ou como gornición na gastronomía. En tempos pasados non acontecía o mesmo posto que a poboación galega xunto coa grega e a inglesa temían mesmo tocalos. Os cogomelos teñen un baixo contido en calorías xa que conteñen grandes cantidades de auga polo que son adecuados para dietas de adelgazamento. Teñen unha alta porcentaxe proteica. Debido ao seu contido en celulosa, a súa dixestión faise un pouco pesada. Están desaconselladas para persoas que padecen gota e exceso de ácido úrico polo seu contido en purinas.