Coello con verduras
Información nutricional:
Kcal: 726,7
Proteínas: 34,4%
Hidratos de carbono: 18,5%
Lípidos: 47,1%
Ingredientes
- 150 g coello
- 1 (100g) pataca
- 1 vaso (200mL) caldo polo
- 80 mL viño branco
- 50 g cenoria
- 50 g salsa tomate
- 25 g cebola
- 25 g chícharos
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- perexil
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cortar o coello en anacos, salpementar, rustrir para dourar e reservar. Nunha cacerola refogar en aceite a cebola, o allo e a cenonria (todo en dados). Engadirlle o coello e o viño branco deixando reducir o alcol uns instantes. Engadir a salsa de tomate e cubrir con caldo. Deixar cocer suavemente ata que estea tenro, a metade de cocción engadirlle os chícharos crus e as patacas en dados previamente fritidas.
Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol e en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina).