As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Coello con marisco

Coello con marisco

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 60 g Arroz
  • 50 g Cebola
  • 140 g Coello
  • 11.75 g Gamba
  • 70 g Lagostino
  • 30 g Viño branco

Instruccións

O coello torado rustrirémolo lixeiramente nunha tixola con aceite quente, tras uns minutos engadiremos o allo e a cebola. Coceremos a mestura e engadiremos o marisco reservado para o prato e o viño cando ferva polo menos 15 min. Unha vez introducido o marisco coceremos, polo menos, 1 h máis.

A carne de coello ten un baixo contido en graxa por iso se considera unha carne magra. Tamén posúe un baixo nivel de colesterol. Debido ao seu baixo contido en sodio e en ácido úrico poden consumilo, sen problemas, as persoas hipertensas e con niveis elevados de ácido úrico en sangue. O marisco que acompaña o coello, neste caso as gambas e os lagostinos, conteñen unha cantidade interesante de proteínas. Ademais o seu contido en graxas é baixo e son de boa calidade polos ácidos graxos omega 3 que conteñen. Os lagostinos presentan un elevado contido en iodo. Ao contrario que a carne de coello, as gambas e lagostinos non son aconsellables en persoas con ácido úrico elevado e con dietas hiposódicas debido ao seu contido en sodio e purinas.