Coello ao forno con uvas
Información nutricional:
Kcal: 490,6
Proteínas: 24,6%
Hidratos de carbono: 18,9%
Lípidos: 56,6%
Ingredientes
- 150 g coello
- 50 g arroz
- 20 g uvas
- 50 mL caldo carne
- 30 g cebola
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Colocar o coello despezado nunha bandexa de forno cunha base de aceite de oliva. Engadir un pouco de caldo de carne por enriba e fornear durante 10 minutos a 200ºC. Poñer unha cazola a lume suave coa cebola bastante picada. Cando a cebola comece a dourarse, engadir o caldo de carne. Remover a mestura suavemente. Manter esta salsa durante tres minutos a lume forte e deixar que se reduza ata un terzo do seu volume. Coar a salsa para retirar a cebola. Nesta salsa, confitar as uvas e reservalas para acompañar ao coello cando estea cocinado. Sérvese quente.
Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.
Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.