As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Coello ao chilindrón

Coello ao chilindrón

Información nutricional:

Kcal: 656,6
Proteínas: 32,5%
Hidratos de carbono: 18,1%
Lípidos: 49,4%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g salsa tomate
  • 50 g pemento vermello
  • 75 mL caldo carne
  • 25 g cebola
  • 10 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementa
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar en anacos o coello. Salpementar e fritir ata dourar. Á parte, nunha pota rustrir en aceite o allo, a cebola e o pemento en xuliana. Deixar pasar sen que tome cor. Engadir o xamón en dados, a salsa de tomate e o caldo. Incorporar o coello e deixar cocer ata que estea tenro. Cortar as patacas en dados grandes e dar un frito exterior e logo deixalas cocer na salsa do coello uns minutos.

Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol e en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina).

Inconvenientes: