Coello á cazola
Información nutricional:
Kcal: 585,3
Proteínas: 32,7%
Hidratos de carbono: 21,2%
Lípidos: 46,1%
Ingredientes
- 150 g coello
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
- 50 g salsa tomate
- 40 g cenorias
- 25 g cebola
- 20 g chícharos
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- 1 dente (5g) allo
- pementa
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Trocear o coello. Salpementar. Dourar en aceite. Separadamente, nunha pota rustrir en aceite a cebola picada, pemento vermello e a cenoria deixando pochar sen que tome cor. Engadimos o coello e a salsa de tomate e mollamos con caldo de carne ata que cubra e deixamos cocer ata que estea tenro. Engadir os chícharos cocidos. A pataca córtase en dados e dáselle unha fritura antes de incorporar ao guiso.
Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.
Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.