Codorniz estofada
Información nutricional:
Kcal: 827,8
Proteínas: 41,4%
Hidratos de carbono: 15,3%
Lípidos: 43,3%
Ingredientes
- 180 g codorniz
- 60 g cenoria
- 60 g champiñóns
- 1/2 (60 g) cebola
- 1 dente (5g) allo
- 50 mL viño tinto
- 1 vaso (200mL) caldo carne
- 1 (100g) pataca
- 10 g pemento vermello
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Limpar e chamuscar a codorniz. Pasala por fariña e fritir ata dourar. Nunha pota refogar en aceite de oliva o allo, cebola, pemento vermello, cenoria (cortado en dados). Engadir a codorniz e mollar co viño tinto, deixar evaporar o alcol e engadir o caldo ata cubrir. Tapar a pota e deixar cocer suavemente ata que estean tenras. Antes de retirar engadir os champiñóns. A pataca córtase en dados e se frite un pouco antes de poñer a cocer coa codorniz.
Vantaxes:
A carne de codorniz é das menos calóricas, grazas ao seu menor contido en graxa; e é rica en proteínas, ata en maior cantidade que a carne de polo ou de pavo. Presenta unha baixa porcentaxe de colesterol, polo que esta carne pode substituír a outras máis graxas. En canto aos minerais destaca o seu elevado contido en ferro. E a carne de codorniz é unha boa fonte de vitamina B1, B2 e B6.