As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Cocido galego

Cocido galego

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 80 g Agulla de tenreira
  • 20 g Cabeza de porco
  • 50 g Chourizo
  • 50 g Costela de porco
  • 20 g Faba
  • 20 g Uñas de porco
  • 10 g Manteiga
  • 15 g Orella de porco
  • 85 g Pataca
  • 115 g Repolo
  • 15 g Touciño

Instruccións

En primeiro lugar, fervemos nunha pota as fabas coa manteiga, xusto cando rompe a ferver introduciremos as carnes. Tras, aproximadamente unha hora, engadimos a verdura. Máis tarde tamén meteremos as patacas e o chourizo.

Este prato considérase relativamente moderno. É moi consumido na época do carnaval e ao longo de todo o inverno. O cocido que coñecemos hoxe en día é sinónimo de variedade e abundancia e ten a súa referencia no famoso cocido de Lalín, pero antigamente era impensable consumir tantas variedades de carne á vez. É un prato moi nutritivo, completo e contundente pola variedade dos alimentos que o compoñen.