Chipiróns na súa tinta
Información nutricional:
Kcal: 435,4
Proteínas: 38,9%
Hidratos de carbono: 30,2%
Lípidos: 30,9%
Ingredientes
- 125 g chipirón
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 50 g arroz
- 50 mL viño branco
- 50 g cebola
- 25 g salsa tomate
- 10 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- tinta lura
- caiena
- pementón doce
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar os chipiróns, salgar, pasar por fariña e fritir lixeiramente e reservar. Nunha cazola refogar o allo, a cebola e caiena en aceite sen que tomen cor. Engadir o pementón, o tomate e o viño. Engadir os chipiróns e o sobre de tinta. Cubrir co caldo de peixe e deixar cocer 30 min. aprx. Acompañar de arroz branco ao forno.
Vantaxes:
O aporte enerxético do chipirón é baixo e non presenta cantidades significativas de hidratos de carbono. Posúe proteínas de alto valor biolóxico e é rica en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia ás persoas con hipertensión arterial. Tamén posúe vitaminas como a B3, a B12, vitamina A e D, pero todas en cantidades baixas. O chipirón non é apropiado para persoas que teñan o colesterol elevado, xa que este alimento posúe cantidades altas desta substancia; tampouco se recomenda en persoas con hipertensión arterial.