As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Chícharos guisados

Chícharos guisados

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 125 g Chícharo
  • 1 g Loureiro
  • 80 g Pataca
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 20 g Viño branco
  • 40 g Cenoria

Instruccións

Botamos nunha cazola os chícharos, a cebola, as cenorias en tacos e o aceite. Tras 15 min, engadimos as patacas cos allos, o loureiro e o viño branco e deixamos cocer.

Antigamente os chícharos utilizábanse como forraxe en seco. Foi a partir do século XVI cando o home os empezou a consumir como gran fresco. Os chícharos constitúen unha excelente fonte de proteína vexetal. Son idóneos para persoas vexetarianas. Tamén conteñen moita fibra polo que evitan o estrinximento aínda que poden resultar indixestos por este motivo. Os chícharos conteñen fitosterois, substancias parecidas ao colesterol, que dificultan no ámbito intestinal a absorción do colesterol da dieta e incrementan a súa eliminación. Os chícharos posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis, polo que resultan aconsellables nas dietas de persoas diabéticas.